Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Julio Cortázar

Día da biblioteca, dedicado aos axudantes

Imagen
Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o  Día Internacional da Biblioteca , co obxectivo de conmemorar a destrución da Biblioteca de Saraxevo , incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns .   Coas novas axudantes Nós dedicamos esta semana, en particular hoxe mércores 25, a celebrar o Día da Biblioteca escolar.  E centrámos sobre todo na figura de  axudante  de biblioteca, como unha forma de agradecer a súa colaboración clave para o bo funcionamento da nosa biblioteca .    Aproveitamos tamén para agradecer os poéticos barquiños de papel que nos fan navegar no noso particular mar de contos. E, con eles, por suposto, falamos da   Biblioteca lugar para pensar Animámovos a que leades a mensaxe de  Alejandro Palomas  para celebrar o día da Biblioteca deste ano. Leva o suxestivo título de "Como Mary Poppins, pero sen voar". E se aínda tedes máis ánimo para ler, quedan...

Retomamos a nosa andaina...

Imagen
Benvidos, benvidas e moitos ánimos para este novo curso. De novo, continuamos a nosa andaina... Temos xa dispostos os carnés para o novo alumnado de  1º ESO e axiña farémoslles unha presentación da biblioteca e entregarémosllelos  Pouco despois realizaremos a nosa primeira reunión do club de lectura para este curso (ide cavilando... todo será escoitado). Na biblioteca engrosamos a parte das películas cunhas cantas novas, bastante relacionadas coa filosofía e a historia, aínda que tamén hai algunhas outras de simple lecer. Adquirimos: 300, Ágora, Alejandro Magno, Troya, Matrix, Diamante de sangre, Te doy mis ojos, El discurso del rey. Tamén dispoñemos de novos exemplares das revistas National Geographic e Historia (doados polo profesor Vicente).  E Para que a espera pola reunión do club non se faga longa aos bos e boas lectores, déixovos aquí un pequeno gran texto  de Julio Cortázar sobre como subir unha escaleira: tamén do máis obvio sae boa literatura...