Queremos ter imaxe propia...
Xa andan colgados polo insti os carteis anunciadores da convocatoria para o deseño de logo ou mascota para a biblioteca e o club de lectura, así como tamén as bases detalladas do concurso (o esencial é que sexa inédita, as demais condicións teñen a intención de deixar a máxima liberdade creativa posible). O prazo é ata o 7 de xuño. E falando de imaxes, mañá mércores 8 de maio estará con nós o nomeado debuxante de cómics Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) . Recibirémolo humildemente coas bandas deseñadas realizadas polas rapazas e rapaces de 4º ESO, que logo se seguirán expoñendo na biblioteca. Prometemos deixar por aquí fotos do encontro con Miguelanxo Prado e tamén doutras actividades do insti. Ultimamente non paramos... hoxe pola tarde estivo con nós a actriz Isabel Naveira , ensinando como actuar nun cásting, pola mañá os de 2º ESO foron visitar as instalacións nas que adestra o Dépor en Abegondo...