Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Mulleres

Women in art, with Benny

Imagen
O mércores 22 de marzo tivemos de novo a oportunidade dunha English session co lector Benny. Falounos de varias pintoras contemporáneas, encandrado así o seu discurso na temática deste ano no Club de lectura.  Guerrilla Girls Sorprendeunos contándonos de pintoras feministas, reivindicadoras de diferentes e transgresores modos do papel das mulleres na arte. En concreto, detívose nas Guerrilla Girls , Barbara Kruger e Judy  Chicago . Tedes a súa presentación no curso de biblioteca da Aula virtual.  Resultou moi interesante todo o que dixo, así como tamén as intervencións das e dos participantes.  De novo, quedáronnos ganas de máis...  

Di non á violencia contra as mulleres

Imagen
Hoxe, 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero (ou violencia machista, se preferides). E deberemos seguir lembrándoo con forza. As cifras de mulleres asasinadas e maltratadas seguen a ser escandalosas: - Entre 2003 e 2011 foron asasinadas 605 mulleres en España a mans das súas parellas ou exparellas. No 2012 levamos 47 mulleres mortas. No 2011 foron 66 as asasinadas. No 2010, 78. No 2009, 73... - Unha de cada tres mulleres asasinadas pola súa parella ten entre 15 e 29 anos. - No mundo, case a metade das mulleres que morren por homicidio foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou exparellas; nalgúns países esta porcentaxe elévase ao 70%.  - Aínda que é difícil obter cifras exactas debido á falta de rexistros, segundo os datos dispoñibles, no mundo unha de cada catro mulleres será vítima de violencia sexula por parte da súa parella no curso da súa vida. A maioría das vítimas de agresións físicas vense sometidas a múltiples actos de violencia d...