Día da biblioteca
O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón elaborado por Ledicia Costas para este día. É unha autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros. Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan. Feliz día da Biblioteca! PREGÓN DE LEDICIA COSTAS POLO DÍA DA BIBLIOTECA 0 24 DE OUTUBRO Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas ...