Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Nadal

Agasallo libros no Nadal

Imagen
Impresionante a acollida desta actividade.  Os recreos desta semana resultaron increíblemente intensos; non paramos de envolver e engalanar libros cos que agasallar ás nosas familias e amizades durante o Nadal. Creo que non esaxero se digo que tivemos tanta actividade como moitas das boas tendas dos barrios e mesmo das grandes superficies ;)

Suxestións para ler e agasallar no Nadal

Imagen
Deixámosvos aquí as suxestións de lecturas para o Nadal e lembrámosvos que durante toda a próxima semana poñeremos á vosa disposición libros para que poidades agasallar con eles nas próximas festas.  Agardamos inspirarvos un pouquiño! Felices festas!!!

Premios para os microrrelatos terroríficos (e outros agasallos)

Imagen
Xa temos decididos os premios do Concurso de microrrelatos de terror. Foron moitos os presentados, sobre todo en castelán, polo que non foi fácil a decisión. Noraboa!!! 

Recomendacións de Nadal

Imagen
Como xa dixemos, na entrega de premios do pasado venres 15 aproveitamos para repartir un tríptico con algunhas suxestións para este Nadal.  Desta volta, propuxemos máis películas que noutras ocasións, asesoradas polo Club de Cinema.  Ademais, lembramos o lema das Bibliotecas Escolares deste curso: " Aprender a pensar coa biblioteca Escolar " e indicámosvos algúns sitios web que poderíades visitar. 

Entrega de premios dos Microrrelatos e do Club de cinema

Imagen
O cartel gañador Este venres pasado tivemos un recreo moi festivo na biblioteca. Entregar premios sempre nos pon de boas.  Nesta ocasión, entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos de terror (que xa están publicados aquí) e tamén o Concurso de carteis do Club de cinema Atlántida, que está botando a andar no instituto.  premios de cine   Aproveitamos que estabamos moitos e moitas xuntos para repartir as Recomendacións de Nadal da Biblioteca, con bastante de cine, por suposto (nun momentiño publicámolas aquí tamén).  Noraoa a todos e todas as premiadas!!!  Boa andaina ao novo Club de cinema!!!

Boas lecturas de Nadal

Imagen
Desde a biblioteca, queremos felicitar este Nadal da mellor forma que sabemos: falando de libros e películas. Aquí deixámosvos algunhas suxestións xunto cos nosos mellores desexos para as festas e para o novo ano que se achega. 

Felices festas!!!

Imagen
Desde a Biblioteca e o Club de lectura desexámosvos unhas moi felices festas e unha boa entrada de ano, rodeados que quen máis queirades e do que máis vos guste...

Felices festas

Imagen
Desde a Biblioteca, desexámosvos unhas moi boas festas e vacacións, a poder ser arroupados de moi boas lecturas, música, películas, charlas... Estes pasados días xa fomos ambientándonos co mercadiño de produtos de comercio xusto (da ONG Solidaridade Internacional ), cos bonecos de neve/lá , realizados polo alumnado de 1º Bac xunto coa profe Marta López e que estiveron adornando estes días a Biblioteca, e en xeral coa alegría e bo ton que foron segundo pasaban os días.  ... e moi feliz 2015!!!