Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio. E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto. E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A) Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador. O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios....