Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CL Temos moito conto

Visita ao Politécnico de Vigo

Imagen
O pasado xoves 15 de febreiro retornamos das vacacións de entroido para irnos cara a Vigo. Acompañados por unha insistente chuvia que practicamente non nos abandonou en todo o día. Non nos quedou outra que poñerlle boa cara ao tempo :) No centro de Vigo recibíronos co programa na Biblioteca. Alí contáronnos dous novidosos proxectos cos que están: o club de LGTBIQA plus (non sei se me faltará algunha letra...) que están traballando en todo o instituto e a través do contrato programa. Contáronnos algunhas das actividades coas que axudan a que as persoas de diferentes orientacións sexuais: lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais,  queer , asexuais...) poidan sentirse cómodas, protexidas e sen medos aos prexuízos sociais que de cotío fan a vida máis difícil.  D annos a benvida o Director, o coordinador da Biblioteca e o Club de Lectura Na biblioteca teñen 30.000 exemplares, e está moi actualizada. O seu club de lectura, Temos moito conto , ten menos...

Visita do Politécnico de Vigo

Imagen
Na libraría Moito conto Chegada á Coruña de "Temos moito conto" O xoves 25 gozamos dunha simpática visita.  Gústanos xogar coas coincidencias deste encontro: viñeron desde un IES Politécnico e nós somos un ex-Politécnico, visitáronnos do Club de lectura " Temos moito conto " e nós somos "Un mar de contos", nós somos da cidade en que naceu Urbano Lugrís e eles da que finou...  E, como estamos a xogar, aínda quixemos forzar un pouco máis os puntos de unión. Ademais de realizar con eles unha visita guiada pola exposición permanente do noso centro " Océano Lugrís ", fomos ata a libraría Moito Conto , onde unha das súas donas, Esther, charlou con nós sobre librarías, o mundo editorial, a lectura por pracer... e do que foi xurdindo.  Xantamos no restaurante Brasa y vino , a carón de pinturas lugrisiáns e rematamos a visita camiñando ata a praza José Sellier para adminar o mural coa reprodución da Illa de San Barandán ...