28 may. 2017

Visita do Politécnico de Vigo

Na libraría Moito conto

Chegada á Coruña de "Temos moito conto"
O xoves 25 gozamos dunha simpática visita. 
Gústanos xogar coas coincidencias deste encontro: viñeron desde un IES Politécnico e nós somos un ex-Politécnico, visitáronnos do Club de lectura "Temos moito conto" e nós somos "Un mar de contos", nós somos da cidade en que naceu Urbano Lugrís e eles da que finou... 




E, como estamos a xogar, aínda quixemos forzar un pouco máis os puntos de unión. Ademais de realizar con eles unha visita guiada pola exposición permanente do noso centro "Océano Lugrís", fomos ata a libraría Moito Conto, onde unha das súas donas, Esther, charlou con nós sobre librarías, o mundo editorial, a lectura por pracer... e do que foi xurdindo. 







Xantamos no restaurante Brasa y vino, a carón de pinturas lugrisiáns e rematamos a visita camiñando ata a praza José Sellier para adminar o mural coa reprodución da Illa de San Barandán, de Lugrís e o grafiti da serigrafía "Marineda soñada" na Pza Pontevedra, ambos realizados polo colectivo In nave civitas


Daniel Rosua


Gonzalo e Lucía

 No instituto fixemos un descanso durante o recreo, na biblioteca, por suposto. 
Descanso no insti


Na libraría, con Esther



Un día para lembrar. 

Grazas pola visita ao club "Temos moito conto", e especial agradecemento a Daniel Rosua, Morelys de los Santos, Gonzalo Conde, Lucía Seoane, Alba Vázquez, Iván Sandino, Noelia Souto, Pablo Torres, Laura Rivas, Miguel Pérez e profesorado, pola xenerosidade coa que prepararon a visita e polo ben que exerceron de anfitrións. 



Morelys, Daniel, Miguel


Alba, Lucía

Daniel explicando o Quijote
Noelia, Morelys, Pablo

1 comentario:

  1. ¡Magnífica jornada con el Club de Lectura del Politécnico de Vigo! Al año que viene nos volveremos a ver, pero esta vez en Vigo.

    ResponderEliminar