Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da Poesía

Celebramos o día da videopoesía!!!

Imagen
Miguel Pérez, recibindo o premio da Vicedirectora Carmen Delgado Para celebrar a chegada da primavera e o Día Mundial da Poesía , que hoxe celebra a súa 20 edición , fixemos entrega de premios do noso Concurso de Videopoemas sobre a natureza. 

Poesía en primavera

Imagen
«A poesía é unha ventá á diversidade excepcional da humanidade».  Irina Bokova, Directora Xeral de la UNESCO O día da poesía coincide co día do comezo da primavera, unha estación sempre chea de alegres promesas. Por iso, en Europa tamén se lle chama " a primavera dos poetas".  A diciren de moitos, alterámonos ao tempo que agroman plantas e medran animais. Coincide tamén co día da arbore e día internacional dos bosques . Sabedes que as orixes da poesía (do grego, póesis , producir, moldear) como expresión artísitica se remonta a Grecia; foi Platón o primeiro en falar da poesía como unha actividade creativa e Aristóteles reflexia profundamente sobre ela na súa obra Poética, obra só  conservada en parte. Nós imos celebrar o día cunha charla (outro día ;) coa poeta   Elsa Veiga   o próximo venres e tamén con algunhas actividades en torno a Gloria Fuertes , que este ano está de aniversario, pois hai cen anos que naceu.  Procuremo...

FESTA DA POESÍA

Imagen
Agroman flores e follas por doquier e por veces mesmo sae o sol.. Temos á primavera chamando á porta e para celebrar ese día a Biblioteca agasállavos con versos diversos.  ( de poetas como Raúl Vacas, Mario Benedetti, Lope de Vega, Luis Cernuda, Joaquín Sabina, Gloria Fuertes, Safo, Nicanor Parra, Fran Alonso Neruda, Berta Dávila,  Gioconda Belli, Manuel María, Urbano Lugrís, Yolanda Castaño, Baudelaire, Léopold Sédar Senghor, Arthur Rimbaud, Prévert, Rilke, W.E. Henley, Walt Whitman, Shakespeare, Jorge Luis Borges, Teresa de Ávila, e algúns outros e outras). O que fixemos o pasado curso grazas ao impulso da profe Margarita Acevedo continuámolo agora co potente influxo de Urbano  Lugrís , quen con outros amigos do Batallón literario (entre eles, Avilés de Taramancos ) e da Peña del Amanecer  tamén regalaban poesías alá polos anos 50 da pasada centuria polas rúas do centro da nosa cidade ( Percalinópolis , como lle gustaba chamala a Lugrís).  Eliseo G...

"Nos dimos un verso...

Imagen
... y nos metimos en un grave poema".  Velaquí como quixemos entrar na primavera, celebrando o día da poesía.  Co pulo da profe Margarita Azevedo, enchimos de poemas -graves e menos graves- os camiños que levan á Biblioteca, para que c adaquén arranque os mellores versos dunha ampla selección de poemas.  Que o gocedes! Na escolma temos versos de: Luis Cernuda, Pablo Neruda, Gabriela Mitral, Petrarca, Safo, Jorge Luis Borges, Xela Arias, Txus García, Celso Álvarez Cáccamo, Manuel Rivas, Celso Emilio Ferreiro, Siracusa Bravo, Carlos Edmundo de Ory, Gloria Fuertes, Emily Dickinson, Nicanor Parra, Alfonsina Storni, Lope de Vega, Avilés de Tarmancos, Rubén Darío, Fran Alonso, Manuel María, Joaquín Sabina, Santa Teresa, Raúl Vacas, Alejandra Pizarnik, Mario Bedetti, Walt Whitman, W.E. Henley, José Hierro, Tim Burton (expostos sen orde nin concerto...). Lembrade que temos reunión do Club de lectura o martes, 25 de marzo, no recreo (falaremos, entre outros, da p...