Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como IES de Elviña

Revivimos a poesía de María Lado e Laura Aldao

Imagen
Pásannos do IES de Elviña un magnífico vídeo que reproduce a nosa visita ao seu centro para gozar do divertido recital de María Lado e Lucía Aldao : Unha estupenda lembranza. Grazas polo vídeo, colegas do IES de Elviña!!!

Con Lucía Aldao e María Lado, no Elviña

Imagen
O pasado xoves 26 vivimos unha grata experiencia poética -e humorística- da man das poetas María Lado e Lucía Aldao .  Foi no IES de Elviña , onde xa imos sendo "antigos" coñecidos grazas a que a coordinadora do sue club de lectura, Puri, sempre se lembra de nós. Alí, estas poetas combinaron seriedade e intensidade literaria cun fino humor moi didáctico e ameno. Aprendimos a colocar o pronome átono en galego mentres escoitabamos cantar o coñecido tema de Rocío Jurado "Te amo" (mellor dito, Ámote), compuxemos conxuntamente un poema dadaísta bastante simpático, cantamos un pouquiniño coa axuda dun "karaoke analóxico", agasalláronnos cun poema para pedir perdón, co maduro título de "Cuqui" e soltamos unhas cantas gargalladas analizando sentenzas urbanas en forma de grafitis máis ou menos elaborados, como "Alex estubo (sic) aquí", "Clemente drogadito (sic)", "Aquí te puse los cuernos" e mesmo máis ideolóxicos ...

De visita no IES de Elviña, con Feijoo

Imagen
O pasado xoves 15 de maio, o noso Club de lectura trasladouse ao IES de Elviña para escoitar e charlar con Pedro Feijoo. Estaban tamén rapaces do Club de lectura do IES Parga Pondal de Carballo, e os de Elviña, por suposto. Houbo un bo feixe de preguntas, do máis variado. Mentres respondía, Feijoo foi contándonos como é o seu labor de documentación, a súa forma de escribir, amosounos os cadernos que emprega para escribir (primeiro sempre a man... con letra de médico)... e aguilloounos para que busquemos todas as historias que temos a un tiro de pedra e que quedan por contar. 

Pedro Feijoo

Imagen
O próximo xoves 15 de maio imos ao IES de Elviña para escoitar, xunto con xente doutros clubs de lectura, a Pedro Feijoo . Feijoo é un escritor galego, nacido en Vigo en 1975. Ademais de escritor, é músico e compositor e filólogo de formación. As súas obras máis coñecidas son bastante recentes:  - Os fillos da auga (2011), unha obra de intriga e aventuras situada en Vigo, - A memoria da choiva (2013), ubicada esta vez en Santiago e definida por algúns como un thriller con Rosalía  de fonto.  Gózase léndoo... A ver que nos conta!