18 sept. 2018

Comezamos con moitos libros novos

Este curso comezamos cunha biblioteca chea de libros novos (e algunha película tamén...) que estamos catalogando e cun equipo de profesorado renovado. 


Xa imaxinamos que tedes un montón de novos libros de texto, seguramente moi interesantes. Mais... aquí temos moita variedade temática e de formato que vos poden tentar. Agardamos que haxa algún libro ou película que te seduza moito.

Vén comprobalo!