Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como terror

Premios para os microrrelatos terroríficos (e outros agasallos)

Imagen
Xa temos decididos os premios do Concurso de microrrelatos de terror. Foron moitos os presentados, sobre todo en castelán, polo que non foi fácil a decisión. Noraboa!!! 

Microrrelatos de terror

Imagen
Volvemos a contarnos contos de   TERROR   nestas datas que tanto o propician. Propoñémosvos que realicedes un moi breve relato, inpirándovos nalgunhas das imaxes que están abaixo. Velaquí, as    BASES DO CONCURSO:

Entrega de premios dos Microrrelatos e do Club de cinema

Imagen
O cartel gañador Este venres pasado tivemos un recreo moi festivo na biblioteca. Entregar premios sempre nos pon de boas.  Nesta ocasión, entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos de terror (que xa están publicados aquí) e tamén o Concurso de carteis do Club de cinema Atlántida, que está botando a andar no instituto.  premios de cine   Aproveitamos que estabamos moitos e moitas xuntos para repartir as Recomendacións de Nadal da Biblioteca, con bastante de cine, por suposto (nun momentiño publicámolas aquí tamén).  Noraoa a todos e todas as premiadas!!!  Boa andaina ao novo Club de cinema!!!

Premios microrrelatos terroríficos

Imagen
Debuxo de Alexandru Danu (3º ESO) Xa temos a listaxe de premios dos relatos: Nivel 1 (1º-2º ESO, FPB)    ● 1º premio: Natalia Fernández Rey , 1º FPB Aloxamento    ● 2º premio: Andrea Motataianu , 2º FPB Aloxamento    ● 3º premio: David Alejandro Ramírez (2º FPB Aloxamento ) Nivel 2 (3º-4º ESO, Bach, Ciclos)   ● 1º premio: Miren Cedeira Moreira , 3º ESO   ● 2º premio: Sara Romay Varela , 2º Bach   ● 3º premio: Alexandru Danu , 3º ESO ( mellor ilustración) E aquí quédanvos os microrrelatos: Noraboa!!!  

TERRORÍFICO CONCURSO

Imagen
Achégase o Samaín e retomamos o noso concurso de relatos terroríficos. Queremos comprobar a vosa capacidade para poñernos os pelos de punta rapidamente... Así que aquí vos quedan as bases para redactar os vosos microrrelatos, que nesta edición, como novidade, podedes ilustrar (por aquilo de que algunhas imaxes valen máis cunhas poucas palabras).  BASES DO CONCURSO: 1.     Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror. 2.   Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. 3. O s microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés ou francés. 4. Os microrrelatos poderán estar acompañados ou non dunha ilustración. 5.   Debedes procurar que a redacción sexa fluída e non haxa faltas de ortografía. 6.   O prazo de entrega remata o venres 2 de novembro . 7.    Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso, ou p...

Os nosos terroríficos microrrelatos

Imagen
Velaquí están  os terroríficos microrrelatos (por orde de curso crecente): A FRAGA ENCANTADA Había unha vez un bosque onde todas as árbores non tiñan follas; había un grupo de nenos que andaban de paseo pola fraga, encontráronse cunha bruxa que lles preguntou se querían un corazón de zombie, pero eles dixeron que non tiñan diñeiro para pagalo. A bruxa non lles pedía diñeiro, pedíalles a alma dun deles; e entón, non aceptaron, pero a meiga seguía os seus pasos, cando ninguén miraba rouboulle a alma a un dos nenos, e os demais non se decataron ata que chegaron ao seu barrio, cando o encontraron morto só llo contaron aos seus pais; estes foron á fraga buscar o cadáver, atoparon a bruxa que tiña a alma do neno dentro dunha bóla de cristal, apoiada na súa man. Para recuperar a súa alma tiñan que pasar unha proba que consistía en arrincar os ollos a un dos nenos e volver poñerllos, fixérono e devolvéronlle a alma ao neno, pero o rapaz non volveu ver nunca máis! Santiago...

Premios dos Microrrelatos de terror

Imagen
Moitos dos participantes O pasado martes 24 de novembro entregamos os premios do IV concurso de Microrrelatos de terror na biblioteca.  Estivo xunto as profes da Biblioteca a vicedirectora Carmen Delgado, sacando as fotos.  O alumnado premiado foi:  - Santiago García Rey (1º ESO A), 1º premio en galego - Noelia Souto Mosquera (2º ESO B), 1º premio en castelán - Daniel E. Rosua López (2º ESO A), 1º premio en inglés - José Pol Rosende (1º FPB),1º premio en castelán - Cristian Rifón Patiño (1º FPB), 2º premio en castelán - Paula Grangel (3º ESO A), 1º premio en castelán - Rocío M. Gómez Llanos (1º Bac), 1º premio en galego Daniel coa profe Francisca Noelia coas profes Rocío coa profe África Noraboa a todos e todas!!!                                              .... e moitas grazas pola vosa participación! E como din po...

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

Imagen
Poñemos en marcha o noso IV Concurso de microrrelatos de terror, e desta volta propoñemos unha mergulladura no imaxinario de monstros, cocóns,  monstros, cocóns, lobishomes, chuchasangues, quitamanteigas, homes ou mulleres do saco, trasnos, meigas e demais bichería do imaxinario tradicional galego. Poderá ser de moita axuda a visita á web de Galicia encantada BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Deberán ter como protagonista ou personaxe secundario algunha figura de mitos e lendas galegos. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía, e si a mellor sintaxe posible. O prazo de entrega exténdese desde o martes 20 de outubro ao xoves 5 de novembro . Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso ou poden enviarse...

E aquí están os microrrelatos...

Ao fin expoñemos os microrrelatos, os premiados xunto cos que non o foron. Están postos á entrada do instituto, nun gran panel elaborado pola profe Carmen Delgado;   aquí mesmiño, e tamén no curso da Biblioteca da Aula  Virtual do IES (aberta a todo o mundo). ...para seguir animándonos a escribir!! Os microrrelatos do nivel 1 Os microrrelatos do nivel 2

Os microrrelatos premiados son:

Imagen
Esta foi, sen dúbida, a edición máis exitosa das que levamos. Con arredor de 50 microrrelatos presentados non foi doado determinar cales serían os premiados. Despois de ler e reler, pensando niso decidimos en primeiro lugar, publicalos todos, o que faremos aquí en breve e tamén os imprimiremos para telos na biblioteca. En segundo lugar, destacamos aos seguintes:  Nivel 1:        - Mellor microrrelato en inglés, "Reveange",                          de Carlos Vélez (3º ESO)        - 1º premio: "Mi castigo", Rubén Ponte (3º ESO)        - 2º premio: "Ojos azules", Tamara Santiago (3º ESO)                                                  - 3º premio: "Cita equivocada", Luana Belizario (FPB Arranxos) Nivel 2:  - 1º premi...

Relatamos terrores?

Imagen
Está xa cerca o Samaín, ou  Samhain (e unha boa ponte ao seu redor), así que son horas de meigas, cabazas, lobishomes e algo de tremores fúnebres... que podemos rescatar da nosa imaxinación para participar no concurso que vos propoñemos.  Poñemos, pois, en marcha a III edición do Concurso de Microrrelatos de terror, para que vos poñades a redactar a partir dunhas frases de inicio que extraemos de E. A. Poe e G. de Maupassant .  Estas son as bases:  Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Deberán comezar dunha destas dúas maneiras: - “Atópome actualmente nun sanatorio; pero se entrei nel foi por prudencia, por medo ”                                             ...

Crimes en Oxford e outros contos de terror...

Imagen
O pasado mércores 13 de novembro quedamos unhas poucas "escollidas" a ver a película española Los crímenes de Oxford a mediodía. Este filme trata sobre crimes cometidos seguindo unha serie lóxica ou matemática. Nela fanse moitas referencias ao filósofo austríaco L. Wittgenstein (autor da nomeada cita: "Do que non se pode falar o mellor é calar") e tamén á escola grega dos pitagóricos ; amósansenos as rúas de Oxford coas súas magníficas librarías e tranmítesenos a paixón con que se poden vivir as matemáticas. Á profesora Camino, que estivo con nós, non se lle pasou por alto un dos gazapos da película: nun momento fálase dun premio nóbel de matemáticas..., pero non hai premios nóbel nesta materia ( por que será? ).                                  Cambiando de tercio, o prazo do concurso dos Microrrelatos de terror, non foron moitos os presentados, aínda que si de boa calidade. Axiña direm...

Microrrelatos de terror... e outros concursos

Achégase o Samaín , e para celebralo á nosa maneira convocamos o II Concurso de Microrrelatos de terror do noso centro. Este curso ten novidades -lingüísticas- respecto á anterior edición. A continuación tedes as bases: BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror. Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Os microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. E deberán comezar, dependendo do idioma elixido, das seguintes maneiras: - EN GALEGO : “Falábase moito do lobo da xente, ese lobo que come carne humana...” [ X. MIRANDA, Pel de lobo ] - EN CASTELÁN: “Ya estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto vieron la sangre...” [SIERRA I FABRA, Asesinato del profesor de matemáticas ] - EN INGLÉS : “This morning about the three o`clock, we were woken by a series of ter...

Gañadoras terroríficas (nivel 2)

Imagen
E  temos gañadoras (en plural) de entre os maiores do instituto. Nivel 2:  ANDREA BARROS BÓLICO, de 4º ESO A E  mención especial para: Lía Domínguez Fernández, tamén de 4º A.  Foi difícil a decisión, pois había moitos bos textos para elixir. Aquí tendes os seleccionados:  En primeiro lugar o de Andrea:  ¡Medianoche! Escuché aullidos de una bestia. Facciones grotescas y cuerpos deformados bailaban a la luz de la luna. Uno de ellos tenía las garras manchadas de sangre. Los campesinos, con amas improvisadas ¡me perseguían! No lo entendía, aquella multitud enfurecida quería matarme, ¿por qué? Corrí tan rápido como me lo permitió el cuerpo, entonces caí. Caí a las orillas del lago donde vi mi reflejo. ¡El reflejo de una bestia! Me di cuenta, ero yo quien aullaba a la luna. consciente de mi ser, nadé hasta el centro del lago para desparecer entre las aguas.  E agora o de Lía:  A medianoche, escuché unos aullidos, no era nada raro, t...

Gañadoras terroríficas (nivel 1)

Imagen
Xa temos gañadoras!! do I Concurso de microrrelatos de terror.  No nivel 1: SANDRA RODRÍGUEZ VILARELLE,  de 2º ESO B Aquí tedes o relato de Sandra: A MEDIANOCHE A medianoche escuché unos aullidos. En un principio, no les presté ni la menor atención, parecían tan lejanos... y además el fuerte viento que azotaba la zona nos agasajaba con múltiples sonidos, que en la profundidad de aquella oscura noche podían dar rienda suelta a la imaginación y claramente confundirme. Mientras tanto, Andrea dormitaba al ladito de la acogedora chimenea de piedra de la vieja cabaña, donde solíamos pasar algunos fines de semana de invierno, para olvidarnos un poco del estresante día a día de la ciudad. La cabaña estaba rodeada de un frondoso y hermoso bosque que invitaba, casi obstinadamente, al descanso y al deleite. ¡Todo parecía estar tan lejos! De nuevo, como salidos de la nada, volvía a escuchar los mismos aullidos, pero esta vez muy cercanos, y como un desgarro en la noc...

Bram Stocker

Imagen
O doodle de hoxe en google estivo dedicado a Bram Stocker   (1847-1912) , coa intención de lembrar o 165º aniversario da publicación de Drácula .   Abraham [Bram] Stocker foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror. A máis nomeada das súas obras é Drácula , lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador. Esta obra foi adaptada moitas veces ao cine.  Unha das versións máis coñecidas é a dirixida por Francis Ford Coppola en  1992 e protagonizada por  Gary Oldman  y  Keanu Reeves . Déixovos aquí o trailer para metervos ganas.