TERRORÍFICO CONCURSO

Achégase o Samaín e retomamos o noso concurso de relatos terroríficos. Queremos comprobar a vosa capacidade para poñernos os pelos de punta rapidamente...

Así que aquí vos quedan as bases para redactar os vosos microrrelatos, que nesta edición, como novidade, podedes ilustrar (por aquilo de que algunhas imaxes valen máis cunhas poucas palabras). 


BASES DO CONCURSO:

1.  Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror.

2.  Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras.

3. Os microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés ou francés.

4. Os microrrelatos poderán estar acompañados ou non dunha ilustración.

5. Debedes procurar que a redacción sexa fluída e non haxa faltas de ortografía.

6.  O prazo de entrega remata o venres 2 de novembro.

7.  Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso, ou poden enviarse a: lerunmardecontos@gmail.com

8. O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos de linguas do IES.


9. Poderá haber ata tres premios en cada idioma: un para o mellor microrrelato de 1º a 3º ESO e FPB, outro para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos, e outro para o mellor relato ilustrado.

Esperámosvos!¡Os esperamos! Waiting for you! Attendons pour vous!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego