Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Elsa Veiga

Manexemos a pena, con Elsa Veiga

Imagen
O venres finalizamos a semana coa visita da poeta Elsa Veiga , quen nos contou, recitou... e con quen charlamos afablemente da súa enfermidade, das mulleres, das vivencias, de Gloria Fuertes .  Foi moi estimulante escoitar a súa narración da superación da súa anorexia e outros malos momentos a través da lectura e a escritura.  Quedamos en repetir experiencia noutra ocasión. Ogallá cumpramos!     A profesora Fina Roca realizou a súa presentación   As fotos, como  case sempre, son da profesora Francisca;) 

Poesía en primavera

Imagen
«A poesía é unha ventá á diversidade excepcional da humanidade».  Irina Bokova, Directora Xeral de la UNESCO O día da poesía coincide co día do comezo da primavera, unha estación sempre chea de alegres promesas. Por iso, en Europa tamén se lle chama " a primavera dos poetas".  A diciren de moitos, alterámonos ao tempo que agroman plantas e medran animais. Coincide tamén co día da arbore e día internacional dos bosques . Sabedes que as orixes da poesía (do grego, póesis , producir, moldear) como expresión artísitica se remonta a Grecia; foi Platón o primeiro en falar da poesía como unha actividade creativa e Aristóteles reflexia profundamente sobre ela na súa obra Poética, obra só  conservada en parte. Nós imos celebrar o día cunha charla (outro día ;) coa poeta   Elsa Veiga   o próximo venres e tamén con algunhas actividades en torno a Gloria Fuertes , que este ano está de aniversario, pois hai cen anos que naceu.  Procuremo...