Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Lita Cabellut

Descubrindo a Lita Cabellut

Imagen
Sancho Panza Don Quijote O pasado xoves 20 de abril tivemos reunión conxunta dos dous grupos do club de lectura para falar sobre a artista Lita Cabellut . Unha asombrosa pintora, que por ser de orixe xitana, conecta coa parte do alumnado que tamén é xitano e coa breve celebración que acababamos de facer do Día do Pobo xitano. Por outra banda, a forza dos seus retratos de emblemáticos personaxes serviunos para facer un repaso dalgúns dos seus referentes culturais como  Frida Kahlo (da que falamos hai pouco), Coco Chanel,  Ch arles Chaplin, Einstein...  Por suposto, tamén Don Quijote e Sancho Panza (moi a conto xusto antes da celebración do día do libro), e o seu querido Camarón de la Isla.   Camarón de la Isla Na reunión levamos a voz cantante as dúas profes, Francisca e África, guiándonos pola presentación que realizamos e aquí vos deixamos. Unha entrañable sesión, grazas á participación de todos e todas.  Ata a próxima! ...

Calendario do club de lectura

Imagen
Para que non se nos escape ningunha reunión, estaría ben anotar na axenda os días de reunión dos clubes de lectura. A temática do segundo e terceiro trimestre dos grupos 1 e 2  será " Territorio das artes ", seguindo as suxestións das Bibliotecas escolares de Galicia e centrarémonos en pintoras e fotógrafas contemporáneas: Frida Kahlo , Tamara de Lempicka , Cristina García Rodero , Lita Cabellut , Maruxa Mallo .  No grupo de temática xitana (CLX) están lendo coa profesora Xulia Regueiro Cuentos populares de los gitanos españoles (ed. de Javier Asensio) e Cuentos populares gitanos (ed. de Diane Tong). As persoas participantes de todos os grupos visitaremos a Casa de Emilia Pardo Bazán o xoves 23 de marzo. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------- -----...