Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Contrato-programa

Pasaporte Lugrís Live Show

Imagen
O pasado venres 8 de xuño finalmente tivo lugar o gran espectáculo PASAPORTE LUGRÍS LIVE SHOW ,   no que a gran protagonista foi a interculturalidade , e o noso afán por poñer en valor a riqueza que aporta o alumnado desas vintetantas nacionalidades e culturas co que convivimos no noso centro.

Pasaporte Show

Imagen
Xa levamos varias sesións desta nova edición do Contrato- Programa de excelencia, que continuando en gran medida o iniciado no curso pasado, céntrase na diversidade cultural ou interculturalidade .  Baixo a dirección de Cristina de la Torre , neste curso dividímonos en dous grupos:  a) Espectáculo , que está a traballar para levar a cabo actuacións de diferente tipo nunha xornada cara a fin de curso.  b) Comunicación , que está aprendendo a editar vídeos, coa intención de realizar montaxes interesantes de materiais de entrevistas xa grabadas. 

Roteiro por "Pasaporte Lugrís"

Imagen
O pasado xoves 1 de xuño realizamos, baixo a dirección de Cristina de la Torre , e co apoio da Biblioteca, unha xornada dedicada á interculturalidade . Mobilizouse a todo o alumnado de ESO e Bacharelato e a unha boa parte do de Ciclos, a tamén a bastante profesorado. O instituto patas arriba durante as dúas horas en que os grupos (previamente organizados) ían pasando de media en media hora por catro das cinco estacións que estaban preparadas. Todo orientado a abrirnos cara culturas máis ou menos lonxanas, pero coas que convivimos día a día.  Este día acompañaranos o equipo da UAMI , a Unidade de Apoio ás Migracións do Concello da Coruña, que integraron algunha das súas dinámicas no programa do día. As paradas foron:  1. ADN LUGRISIÁN . «Mergúllate nas raíces que compartimos»:  Exposición de obxectos de diferentes culturas e actuación musical. 2. AL PAN, PAN. «Lava as mans antes de entrar»:  Aprendimos a orixe dalgúns alimentos e amasamos masa para ...