22 feb. 2018

Concurso polo Día das mulleres

Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas. 

As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro

As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis. 


Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos.

BASES:

- As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca:  lerunmardecontos@gmail.com
- No correo deberá constar:
                - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
                - A resposta solicitada.
- O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite.

PREMIOS:
   - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
   - Un agasallo sorpresa.

- De haber empate o premio será adxudicado a sorteo.

Pistas do nivel 1 (1º-2º ESO-FPB)


Pistas do nivel 2 (3º -4º ESO, Bach, Ciclos)


Anímate!!!

17 feb. 2018

Visita ao Politécnico de Vigo

O pasado xoves 15 de febreiro retornamos das vacacións de entroido para irnos cara a Vigo. Acompañados por unha insistente chuvia que practicamente non nos abandonou en todo o día. Non nos quedou outra que poñerlle boa cara ao tempo :)

No centro de Vigo recibíronos co programa na Biblioteca. Alí contáronnos dous novidosos proxectos cos que están: o club de LGTBIQA plus (non sei se me faltará algunha letra...) que están traballando en todo o instituto e a través do contrato programa. Contáronnos algunhas das actividades coas que axudan a que as persoas de diferentes orientacións sexuais: lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer, asexuais...) poidan sentirse cómodas, protexidas e sen medos aos prexuízos sociais que de cotío fan a vida máis difícil. 
Dannos a benvida o Director, o coordinador da Biblioteca e o Club de Lectura



Na biblioteca teñen 30.000 exemplares, e está moi actualizada.
O seu club de lectura, Temos moito conto, ten menos andadura que o noso, pero seguen medrando. 





Aquí xa empezou o "convivio"


A continuación, ensináronnos como están empezando a funcionar co seu Club de Ciencia, na ESO e  en Bacharelato, con robots, animacións, impresións en 3D...

Algúns dos rapaces do Club de ciencia

Xa cos robots...











O pergamiño Vindel xunto a obra de Lugrís
Logo de xantar na Facultade de Industriais, o plan de pasar un tempo na praia de Samil tivo que cambiarse por pasalo nun centro comercial, debido á intensidade da chuvia. Ás cinco estabamos xa no Museo do Mar, onde puidemos gozar dunha visita moi ben explicada a través da exposición do Pergamiño Vindel

Aquí non puidemos comezar con mellor pé, posto que o pergamiño coa notación musical das cantigas de amigo de Martín Códax está situado diante do cadro Paisaxe coas illas Cíes de Urbano Lugrís. 



A explicación do profesor Carlos foi excelente
 







Hai moitas máis historias e contos deste día de intercambio de clubs, pero terán que serán outras e outros contistas e narradoras quen continúen o relato...


As encantadas profes :)

9 feb. 2018

Paxariñas por Sadako: Reto conseguido!!!


Grazas á colaboración de múltiples hábiles mans, sobrepasamos amplamente as 356 paxariñas e grúas de papel que lle faltaron a Sadako Sasaki para acadar as mil figuras de papel coas que, segundo a lenda nipona, tería cumprido o seu desexo de sanar. 


Para nós, foi un xesto pola paz e a non-violencia, unha forma de aprender maneiras de canalizar enerxías, de cultivar a paciencia, de traballar conxuntamente por un fin compartido. Foi toda unha experiencia de traballo colaborativo con moi variados equipos: para aprender e facer paxariñas e grúas, para montar chapas, e logo para contar as figuras, ensartalas, fixalas e colgar todo o feito. Participou moi activamente o profesorado do Departamento de matemáticas, en especial María Deive e de moitos outros, poñendo música e imaxes de fondo e contribuíndo coas paxariñas que se acababan de aprender a facer. 

Grazas a todos eses grans de area de tantos e tantas aportáchedes !!!




A gozar do Entroido!



5 feb. 2018

Empezamos: Primeira ronda de xadrez




Xa está en marcha o torneo de xadrez. Deixamos aquí os emparellamentos da primeira ronda e logo, como dixemos na reunión, irémolos poñendo na la Aula virtual do centro no curso de acceso libre de Biblioteca.

1 ALMONTE VICENTE, C - BARREIROS CAMISELLE, X 
2 DÁVILA FIGUEIRAS, É - CARITA FLORES, R 
3 CÉSPEDES THOLA, I -  FERREIRA CASSIANO SA., L 
4 ANTELO GONZÁLEZ, E - MONTERO SÁNCHEZ, D 
5 NAVEIRA GUIMAREY, S -  RAMOS MURAS, P 
6 ÁLVAREZ OTERO, A- COUCEIRO SALIDO, R 
7 ESCOBAR OCAMPO, L -  DANU, A 
8 BELIZARIO MARTINS, R  -  CAMEÁN PIÑEIRO, Z 
9 ROSÚA LÓPEZ, D - COARI BÁIZ, A 
10 MATA SERRA, M - NAVEIRA GUIMAREY, M 
11 LÓPEZ BERMÚDEZ, M - POSE ARANDA, M 
12 RAMOS RODRÍGUEZ, M - PAZOS MIRÁS, U
13 CASTRO JOGLAR, A -  POSE RIAL, S 
14 MONTEAGUDO LÓPEZ, B - PEGUERO SOLÍS, J
15 RODRÍGUEZ ESTÉVEZ, D - ARIFI AZLOU, M 
16 SÁNCHEZ FERREIRA, D -  ZOUGATT, M 
17 SANTOS FERNÁNDEZ, Á - MELLIZO ZARAMILLO, D 
18 BETANCES KING, I - OUIJDANI SÁNCHEZ, N 
19 CANARIO SOLÍS, A -  RODRÍGUEZ PAN, D 
20 ABELEIRO RODRÍGUEZ, J  - COSTOYA HURTADO MENDOZA, H 



Lembrade que na biblioteca temos libros novos para mellorar no xadrez!

A xogar!

3 feb. 2018

Por que a crueldade?

Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres) preguntámonos pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de Wonder Ponder. Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;)
Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana, de Michael Jackson, co que propoñíamos rematar. Aquí queda: 



A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando por cavilar en torno da inmensa capacidade do noso pouco coñecido cerebro, a potencialidade das preguntas para avanzar no coñecemento e a ver cales son os interrogantes que nos perseguen. Isto último plasmámolo graficamente recheando a silueta dun cerebro con todas as cuestións que se nos ocorresen. Incrible, cantas saíron!

Nas reunións falamos tamén da próxima excursión, o xoves 15 de febreiro, ao IES Politécnico de Vigo, do proxecto de ir ler a un Centro de día para persoas maiores, e lembramos o inminente comezo do torneo de xadrez este luns 5 de febreiro. 


Continuamos!!!