Miradas ao mundo
O pasado xoves 5 de marzo recibimos a visita da ONG Miradas al mundo , e deixáronnos unha profunda pegada. Contámolo coas "voces" de varios rapazas e rapaces de 1º Bac: " Onte veu a ONG Miradas ao mundo a contarnos como funcionaban e o que facían. Eles traballan coa xente de Guinea Bissau , máis concretamente cos rapaces e a súa educación. O que máis me chamou a atención foi que a pesar de ser unha ONG pequena, consiguen axudar a moita xente. É algo moi importante o que fan e que todos deberiamos aprender: axudar aos demais. Ademais, o senegalés Bebe era unha persoa incrible. El é pobre e, aínda así, axuda a xente máis pobre que el. Cando contou a súa experiencia, cando vivíu aquí e todo o que fixo e fai, emocionámonos. En conclusión, o importante é axudar e o que ten que quedar claro é que se das, recibes." (Lucía Bouza). " Bebe, un joven senegalés, nos narró su historia de como vino a España y porqué estaba ayudando a la asociación. Él fue muy ayu...