Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas e o pasado Día das Artes Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu III Concurso de CARTAS A... CARLOS CASARES ou MARUXA MALLO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor e esta pintora. PARTIPANTES Todo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O escritor Carlos Casares ou a pintora Maruxa Mallo . Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato ou a pintora, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo... * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo para participar finalizará o v...