Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como vídeo

Lanzamos un CONCURSO DE VIDEOPOESÍA

Imagen
Para celebrar a inminente chegada da primavera, xunto co Día da Poesía propoñémosvos un concurso de VIDEOPOESÍA coas seguintes bases.  BASES : - O vídeopoema deberá indicar o título do poema e o nome do autor ou autora no que se inspirou. - O tema dos poemas utilizados ten que ter algunha coa NATUREZA EN SENTIDO AMPLO . - Pode presentarse en galego, castelán, inglés ou francés. - A súa extensión será como máximo de 3 minutos . - O tratamento estético e visual será libre. - O formato será preferentemente en MP4 ou compatible con este. - O vídeopoema ha de enviarse ao correo electrónico lerunmardecontos@b l ogspot.com indicando no asunto CONCURSO VIDEOPOESÍA. E no corpo da mensaxe debe ir o nome e curso. - Pode ser i ndividual ou por parellas . - Data de entrega límite: 19 de marzo ( sen aprazamento posible ). - O xoves 21 de marzo no recreo proxectaremos na Biblioteca os tres vídeopoemas finalistas e o público (60%) xunto cun...

O Club de Cultura Xitana dase a coñecer

Imagen
Velaquí o vídeo coa valoración realizada por Zoé Cameán, Alexander Matera e Nerea Muñoz, principais participantes do Club de lectura de Cultura Xitana deste curso.  O vídeo foi realizado (coa fundamental colaboración de Cristina de la Torre) para poder amosar na presentación que sobre o Club fixo Xulia Regueiro o pasado venres 1 xuño nas XI Xornadas do Club de lectura en Santiago

Achegándonos ao "Sundaché caló"

Imagen
A próxima semana comezamos coas reunións dos tres grupos do club de lectura. Si, tres. Ademais dos CL1 e o CL2 (por cursos), temos un novo grupo de lecturas sobre temática xitana, co que queremos aproximarnos ao " sundaché caló " (mundo xitano). Este grupo está dirixido pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Xulia Regueiro, e desenvolverase -na biblioteca- os martes a séptima hora, pola tarde. Empezamos lendo un conto titulado sobre un "Balichó"... Poñeremos a máxima ilusión para que funcione moi ben. Queda aquí un inspirador vídeo titulado "La Leonor real y otros niños reales" Tamén     #YoNoSoyTrapacero #YoNoSoyTrapacera, xa un clásico: Todas as ideas, suxestións e aportacións de calquera tipo para esta semente de grupo serán ben recibidas...

Con Miguelanxo Prado, vivimos o cómic

Imagen
Como estaba anunciado, e grazas á insistencia da profe Xulia, o pasado mércores 8 de maio estivo con nós Miguelanxo Prado, e empregouse a fondo para darnos a coñecer o making-of    (como se fixo) do seu último libro, Ardalén . Falounos detalladamente do seu proceso creativo, de tres anos e medio, de como parte dunha idea (dun pelo, que logo se converte en pelusa, e despois nalgo moito máis grande), como vai creando personaxes, a historia, logo debuxa o cómic, píntao, fai que todo cadre, escribe os bocadillos (con diferentes tipos de letra)...  todo  moi laborioso e dedicado.  Deixounos  reflexións moi valiosas sobre a importancia da lentitude (non se fai unha banda deseñada nun día, nin un debuxante nunhas horas), o traballo ben feito e tamén sobre como o coñecemento dos propios límites (ou mesmo defectos) pode axudarnos a superalos ou, máis ben, a sacarlles partido (facer o propio estilo). Para que podades lembrar ou acceder a un anaco da char...