Redobre de tambores... cos booktrailers
O pasado martes 3 de xuño tivemos a última sesión de booktrailers na que puidemos ver o resultado do traballo de todos estes meses, da man de Cristina de la Torre. Os logros de todos estes obradoiros son cinco magníficos avances de libros que poderán ser vistos polo "público xeral" o 20 de xuño, na festa de fin de curso, no centro cívico: - Tres metros sobre el cielo , de Federico Moccia , con Rocío Gómez e Milena Gomes (de 3º ESO) e máis Mónica Aguilar e Adriana Motataianu (de 1º Bac) como protagonistas. - Aire negro , de Agustín Fernández Paz , con Uxía Regueira e Paulo Marqués (1º ESO) como actores principais, deslumbrantes. - Matilda , de Roald Dahl , coa interpretación estelar de Sara Romay, facéndonos voar e gozar co mundo dos libros nun ambiente festivo e primaveral. - Le pétit Nicolas , de René Goscinny , no que participa bastante alumnado de francés de 1º Bac. Impresionante a súa soltura co idioma veciño! - La fundación , de Antonio Buero Va...