Na casa de Emilia Pardo Bazán
O xoves 23 de marzo visitamos a Casa de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega con parte do alumnado do Club de lectura (outra parte foise a outras visitas, foi un día moi movido no instituto). Moitos datos sobre vida e obra da complexa figura de Emilia Pardo Bazán, así como da historia da academia da nosa lingua e os seus principais valedores e valedoras. Á entrada, na rúa Tabernas A vestimenta da época Escoitamos, logo de ler o conto de "Las medias rojas" O recibidor O salón, cos retratros de Emilia e as súas dúas fillas O escritorio Unha pequena mostra da súa colección de abanos A igrexa de Santiago vista desde a casa Esperemos que a curiosidade quedara tocada e vos animedes a mergullarvos na polifacética lectura de Emilia Pardo Bazán.