Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como IES Parga Pondal

Final do torneo de xadrez intercentros, en Carballo

Imagen
o trofeo Os nosos rapaces trouxeron o trofeo!!! Unha vez máis foron os gañadores. En concreto, Hugo Costoya. Parabéns!!! Pero o máis importante é o ben que o pasaron, o bo ambiente e o moito que compartiron e aprenderon.  Moitas grazas á organización do IES Parga Pondal (sabiamos de antemán que nos ían recibir cos brazos abertos), aos rapaces e profesorado acompañante (Bea Requejo, Quico Mato e Alfonso Iglesias)!!!

Festa intercentros do xadrez e do debate

Imagen
Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.

Derrubando muros con pintura en Carballo

Imagen
Case todo 3º ESO co mural Carapuchiña feroz, de Susana Llorente e Carlos Fernández Este pasado xoves 27 de abril devolvimos a visita ao IES Parga Pondal de Carballo (logo de que eles viñeran o 9 de marzo). Fixéronnos unha magnífica recepción cun chocolate e roscón, co que collimos forzas para percorrer a vila admirando os grandiosos murais que decoran os lugares máis variopintos. Dúas guías amosáronnos unha gran parte da iniciativa " Derrubando muros con pintura ", un conxunto de murais de arte urbana que nos deixaron abraiados. A visita concluíu cun percorrido pola Biblioteca Rego da Balsa . O mural de Dulk , o primeiro que vimos, no Fórum Quedamos con ganas de volver por máis...  Mural de Aryz Mural tridimensional do portugués Bordalo II Á entrada da Biblioteca Empezando a mesturarse... Mural de Paula Fraile O mural de Sokram , no Pazo da Cultura 1º Bach e outros, tamén con Carapuchiña feroz Moitas grazas...

Festa do xadrez

Imagen
O xoves 9 de marzo celebramos a FESTA DO XADREZ no noso centro tal e como estaba previsto * . Recibimos con gran ledicia ao alumnado (e profes acompañantes) do IES Parga Pondal que participou con nós ao longo de toda a mañá. Empezamos cunha charla co mestre internacinal de xadrez JACOBO CASELAS , quen rompeu o xeo cun interesante vídeo sobre o campeón mundial de xadrez, Magnus Carlsen , para logo comentar de modo distendido aspectos varios sobre a historia do xadrez, as anotacións, ensinarnos o sitio web lichess.org etc. Asombrámonos seguidamente coas partidas simultáneas con Jacobo que non sabemos de onde sacou enerxía e paciencia para enfrontarse a vintecatro xogadores e xogadoras. como podedes ver no vídeo, fíxose un silencio expectante (ao principio...)e empezou a acción. Un tempo para o descanso : E logo mini- torneo Lugrís-Parga , ou urbanos contra isidros ;)  Chegaron á final Hugo Costoya e Pedro Agrelo, un de cada centro. Foi di...

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Imagen
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio.  E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto.  E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A)   Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador.  O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios....

De visita no IES de Elviña, con Feijoo

Imagen
O pasado xoves 15 de maio, o noso Club de lectura trasladouse ao IES de Elviña para escoitar e charlar con Pedro Feijoo. Estaban tamén rapaces do Club de lectura do IES Parga Pondal de Carballo, e os de Elviña, por suposto. Houbo un bo feixe de preguntas, do máis variado. Mentres respondía, Feijoo foi contándonos como é o seu labor de documentación, a súa forma de escribir, amosounos os cadernos que emprega para escribir (primeiro sempre a man... con letra de médico)... e aguilloounos para que busquemos todas as historias que temos a un tiro de pedra e que quedan por contar.