Festa do xadrez

O xoves 9 de marzo celebramos a FESTA DO XADREZ no noso centro tal e como estaba previsto*. Recibimos con gran ledicia ao alumnado (e profes acompañantes) do IES Parga Pondal que participou con nós ao longo de toda a mañá.



Empezamos cunha charla co mestre internacinal de xadrez JACOBO CASELAS, quen rompeu o xeo cun interesante vídeo sobre o campeón mundial de xadrez, Magnus Carlsen, para logo comentar de modo distendido aspectos varios sobre a historia do xadrez, as anotacións, ensinarnos o sitio web lichess.org etc.








Asombrámonos seguidamente coas partidas simultáneas con Jacobo que non sabemos de onde sacou enerxía e paciencia para enfrontarse a vintecatro xogadores e xogadoras. como podedes ver no vídeo, fíxose un silencio expectante (ao principio...)e empezou a acción.
















Un tempo para o descanso:



E logo mini-torneo Lugrís-Parga, ou urbanos contra isidros ;) Chegaron á final Hugo Costoya e Pedro Agrelo, un de cada centro. Foi difícil dirimir o gañador porque todo parecía conducir ás táboas. Finalmente, quedou proclamado gañador Hugo Costoya





E houbo entrega de premios, para os gañadores de ambos institutos e tamén para o torne0 intercentros. 








Noraboa a todos e todas pola participación!!!


*Malia que a maioría do profesorado implicado e gran parte do alumnado estabamos a favor da folga do ensino e as súas reivindicacións pola mellora do ensino público e contra a LOMCE. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego