"Imaxes para pensar" no 3º trimestre
Deixámosvos aquí o calendario de reunións dos grupos do Club de Lectura para o último trimestre. Neste tempo imos dedicarnos ás imaxes, en fotografía e, sobre todo, en mangas, cómics e novela gráfica. Ademais, temos como novidade importante a actividade de Lectura interxeracional . Facémola en colaboración coa Biblioteca do Ágora , no marco do seu proxecto "La hora de lectura", co Centro de Día "Novoandanza" . Temos xa unha quincena de voluntarios preparándose para ler e conversar cos maiores deste Centro. E xa andamos un pouco nerviosos pensando na Viaxe cultural do Club de Lectura a Salamanca e Bragança durante tres días (28 e 29 abril e 1 maio). O próximo xoves 12 faremos a reunión informativa con nais e pais, ás 19:00 horas na Biblioteca. Velaquí, o calendario :