Pois si, parece que uns Reis Magos bastante literarios déronse unha volta pola nosa biblioteca, posto que alí deixaron un feixe de libros moi variados. Están expostos no andel novidades: hai algúns moi comerciais como os Diarios de Greg , J uegos del hambre , Amanece r , L os pilares de la tierra ... Dispoñemos dun bo lote de banda deseñada, desde mangas xaponeses ou os Simpson, , ata novelas gráficas como Maus , Paracuellos , Ardalén ....; tamén se amosan novelas policíacas (de Andrea Camilleri , co seu pouco ortodoxo comisario Montalbano , do madrileño Lorenzo Silva ...), de amor (de Federico Moccia , Kathérine Pancol ...), filosóficas (de Teresa Moure ) ... e moitos máis. Pasade a velos pola biblioteca. Por certo, na próxima semana, o mércores 16, faremos unha reunión do Club de lectura 1 para ir propoñendo libro para a 2ª avaliación. En canto ao Club de lectura 2 xa temos decidido dedicarnos á banda deseñada n...