Agasallos da Biblioteca Sagrada Familia


O pasado mércores 11 de novembro tivemos reunión da Comisión da Biblioteca e visitounos o Director da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, Enrique, que forma parte desta Comisión. E non veu coas mans baleiras... tróuxonos unha maleta cargada de libros actuais e moi atractivos así como algún que outro agasallo para incorporar á nosa biblioteca. 


Temos expostos  os libros, entre eles bastantes mangas, na sección de literatura xuvenil. Estarán con nós durante un mes, tempo no que podedes levalos prestados. De feito, nada máis expoñelos sacáronnos das mans varios exemplares, especialmente os do Club de lectura:)

Por suposto, seguiremos coa colaboración. Creo que a mellor forma de agradecellelo é ler algúns dos títulos expostos... para logo ir por máis. Fixádevos que no taboleiro da entrada á biblioteca está sempre colgado o Boletín de novidades e actividades da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia 

Por outra banda, lembrade que mañá mércores hai reunión do Club de lectura de francés e o xoves do grupo 1. 

Ademais, o próximo martes 24 no recreo fallaremos os premios do IV Concurso de Microrrelatos de terror e entregaremos uns pequenos agasallos. 


Biblioteca Municipal Sagrada Familia


Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego