Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Expres-arte

Entrega de premios Expres-arte

Imagen
O pasado luns 14 de marzo entregamos na Biblioteca os premios aos mellores corazóns , cheos de poesía en forma de centón.  Os premios desta 3ª edición de EXPRES-arte foron para:  NIVEL 1:  - 1º premio: Ainara Calvo (1º ESO A)  - 2º premio: Lucía Seoane (2º ESO A) - 3º premio: Paula Parga (1º ESO A) NIVEL 2:  - 1º premio: Daniel Varela (4º ESO)   - 2º premio compartido: Marta Areosa (2º FPB Lav.) - 2º premio compartido: Raquel Serrano (2º FPB Lav.) Noraboa a todas e todos!

Premios de EXPRESarte II

Imagen
Recibimos un montón de amorosos caligramas e ben variados. Mirándoos, léndoos con calma, como podedes facer cando queirades, se pasades pola biblioteca, decidimos conceder os seguintes premios:  No nivel 1 (1º - 3º ESO e FPB ): Morelys de los Santos, de 1º ESO C (o mellor conxunto de texto e caligrama) Carlos Vélez Redondo, de 3º ESO B  (co texto máis surrealista) Devora Mishel Carrasco, de FPB Aloxamento e Lavandería (co texto máis amoroso) e Deyselle Sandes Gonzaga, de FPB Arranxos (co caligrama máis orixinal) No nivel 2 (4º ESO e Bacharelato):   David Docampo Segade, de 2º Bac B  (o máis entrañable, o mellor texto, o mellor caligrama) Marta Sandino Veiga, de 4º ESO (o máis estético) Yaiza Paz Ares, de 4º ESO (o máis simpático) Noraboa!!!

Concurso EXPRES-arte (2ª edición)

Imagen
Empezamos febreiro e neste mes desde a Biblioteca animámosvos a celebrar o AMOR E A AMIZADE a través de mensaxes ou textos con esta temática en forma de CALIGRAMA   escritos sobre un CORAZÓN de papel ou similar. BASES DO CONCURSO: Escribirase un texto ou mensaxe de amor e amizade sobre un   corazón de papel ou similar (máximo tamaño folio) , en forma de   caligrama . O caligrama e o texto deben ser inéditos   (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés. O caligrama pode ou non estar dirixido ou dedicado a alguén do Instituto. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización do corazón a quen o desexe (cartulina, papel de cores, tixeiras...). Deberase procurar que non teña faltas de ortografía,  e que sexa o máis artístico, orixinal e emotivo posible O prazo de entrega remata   o venres 13 de febreiro . Os corazóns con caligrama entregaranse na biblioteca, co nome, apelidos e curso. ...

Expresamos sentimentos

Imagen
Cinxíndonos á tradicional (e para nós, non comercial) celebración do 14 F , o pasado venres enchemos a biblioteca de corazóns nos que expresamos con arte o amor e tamén a amizade por compañeiras, compañeiros... e mesmo profes. No recreo houbo tanta xente curiosa mirando as tarxetas, alegrándose e decepcionándose ao verse ou non alí, tanta risa, tanto cotilleo... que nos despistamos e esquecemos sacar fotos... ... fixémolo máis tarde, xa con menos xente arredor. Haberá que esperar uns días para que se decida cales foron as máis orixinais (que terán uns pequenos agasallo a fin de curso). Grazas por EXPRES- ARTE !!  

EXPRESarte

Imagen
EXPRES ARTE Grazas ao pulo e traballo da profe Margarita Azevedo e de bastantes voluntarios e voluntarias que colaboraron con ela, estamos xa poñéndonos a enviar mensaxes de amor e amizade. Como se indica nas bases do concurso, na biblioteca ofrecémosvos unha coidadas  tarxetas-corazón nas que  escribir artísticas MENSAXES DE AMOR ou AMIZADE dirixidas a quen se considere merecedor/a de tal honra.  Por un lado poñerase o nome da persoa destinataria e o curso, ademais do remitente (pode ser, con pseudónimo), e polo outro escribirase a mensaxe amorosa. Ha de procurarse que a mensaxe sexa orixinal, bela, con claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental.  Cando a tarxeta estea lista, depositarase na caixa que para tal fin se atopa na biblioteca. A data límite de entrega é o mércores 12 de febreiro . O venres 14 de febreiro expoñeranse todas as tarxetas co lado do nome de fronte para que as persoas destinatarias podan lelas. E días des...