Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Club de Ciencia

Entrega de premios de xadrez e de cinema pola igualdade

Imagen
Este pasado venres 28 de maio, ademais de inaugurar varias Aulas en feminino , no recreo entregáronse varios premios:  - PREMIOS CINEMA POLA IGUALDADE, organizado polo Club de cinema Atlántida, Dinamización Lingüística e o Equipo de Igualdade   Podedes ler os textos de  Diego Mella Luaces , de 1º STI B,   Adela Villar Uzquiano , de 2º Bach,   Diego Rosua López , de 4º ESO B,      Manuel Mariño Martínez , de 1º STI e    Carmen Tomé López , de 1º Bach,  en " Comentarios críticos de películas relacionadas coa igualdade de xénero "  

Visita ao Politécnico de Vigo

Imagen
O pasado xoves 15 de febreiro retornamos das vacacións de entroido para irnos cara a Vigo. Acompañados por unha insistente chuvia que practicamente non nos abandonou en todo o día. Non nos quedou outra que poñerlle boa cara ao tempo :) No centro de Vigo recibíronos co programa na Biblioteca. Alí contáronnos dous novidosos proxectos cos que están: o club de LGTBIQA plus (non sei se me faltará algunha letra...) que están traballando en todo o instituto e a través do contrato programa. Contáronnos algunhas das actividades coas que axudan a que as persoas de diferentes orientacións sexuais: lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais,  queer , asexuais...) poidan sentirse cómodas, protexidas e sen medos aos prexuízos sociais que de cotío fan a vida máis difícil.  D annos a benvida o Director, o coordinador da Biblioteca e o Club de Lectura Na biblioteca teñen 30.000 exemplares, e está moi actualizada. O seu club de lectura, Temos moito conto , ten menos...