Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Jimmy Liao

Entre belas imaxes e rítmicos sons

Imagen
O pasado xoves 21 de xaneiro retomamos as reunións do Club de lectura e mergullámonos en literatura con imaxes. A reunión estaba dirixida ao grupo 1, pero veu tamén algunha xente do 2, enriquecendo a xuntanza coa súa participación.  Deleitámonos con Jimmy Liao , cos seus Desencuentros . Temos catro libros del e xa están rotando entre os membros do Club, xunto con outros da exposición. O próximo xoves haberá xuntanza do 2 dirixida por Francisca, que creo que nos fará entrar no ámbito do son...  Fican aquí algunhas fotos chulas como testemuña do ambiente.

Literatura con imaxe e son

Imagen
Empezamos o ano, reanudamos o curso, cunha exposición de preciosos álbums ilustrados, libros de poemas, algúns con audio, e outros sen. Todos son préstamos da Biblioteca Municipal de Os Rosales e terémolos con nós durante un ou dous meses. Hai títulos moi diversos, para todo tipo de gustos e niveis, a maioría en edicións moi coidadas. Invitámosvos a que olledes, a que escoitedes, a que leades, e a que vos deixedes embargar polo seu encanto e poesía. Entre a morea de títulos prestados, comezamos por destacar uns poucos de Jimmy Liao , o poeta das ilustracións, autor taiwanés recoñecido no mundo enteiro polos seus contos. " La noche estrellada " e " Desencuentros " son algúns dos seus títulos, publicados en España pola editorial Barbara Fiore , e dos que dispoñemos na biblioteca. E co aroma que estas letras artisticamente ilustradas nos deixan queremos deixar constancia da nosa solidaridade cos humoristas gráficos de revista Charlie Hebdo , salvaxemente asasi...