Entre belas imaxes e rítmicos sons
O pasado xoves 21 de xaneiro retomamos as reunións do Club de lectura e mergullámonos en literatura con imaxes. A reunión estaba dirixida ao grupo 1, pero veu tamén algunha xente do 2, enriquecendo a xuntanza coa súa participación. Deleitámonos con Jimmy Liao, cos seus Desencuentros. Temos catro libros del e xa están rotando entre os membros do Club, xunto con outros da exposición.
O próximo xoves haberá xuntanza do 2 dirixida por Francisca, que creo que nos fará entrar no ámbito do son...
Fican aquí algunhas fotos chulas como testemuña do ambiente.








Comentarios
Publicar un comentario