Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Asturias

Vídeo de Asturias

Imagen
Como peche de curso compartimos o vídeo completo da viaxe cultural a Asturias, elaborado por Antonio García Jáñez a partir das súas fotos e vídeos e as de moitos participantes (entre eles,as do outro constante fotógrafo: Roberto Varela). Xa contaramos e puxeramos imaxes desta viaxe .  Pero parece que non a podemos dar por concluida ata ter o vídeo que recolle todos os magníficos momentos vividos.  Velaquí está: Así, pois, logo do emotivo festival de hoxe no Centro cívico, só queda recoller as notas o próximo mércores e gozar do verán que temos por diante!

Viaxe cultural a ASTURIAS

Imagen
Vimos de realizar, do 28 ao 30 de abril, a nosa xa case tradicional viaxe cultural do Club de lectura. Desta volta, a Asturias .  Como estaba programado, vintecinco persoas dos tres grupos do Club de lectura, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, e tres profes, poidemos gozar da grata experiencia de tres intensos días por terras asturianas -Cudillero, Avilés, Oviedo, Senda do Oso e Xixón- e norte galego (Ribadeo, Illa Pancha e praia das Catedrais).  Foron días intensos, cheos de emocións e vivencias únicas, cun comportamento e respecto exemplares, moitas risas e aprendizaxes teóricas e, sobre todo, vitais. Deixamos a continuación algunhas fotos, aínda que a parte gráfica elaborada e detallada, chegará co vídeo que se está a realizar.