"El burro vendido al mismo dueño" e outros estereotipos de xitanos
Nestas últimas sesións do CL3 (de cultura xitana), moi organizadamente dirixido coma sempre, pola profe Xulia Regueiro, seguimos a tratar sobre os estereotipos e prexuízos en torno aos xitanos/as. Unha das actas que prepara Xulia R. Logo de facer unha posta en común, xogouse cun breve conto que houbo ordenar e logo ler. Trátase do conto " El burro vendido al mismo dueño ", extraído do libro " Cuentos populares de los gitanos españoles ", pola edición de Javier Asensio García . Témolo na biblioteca e tamén pode lerse en pdf a través de internet. Está resultando moi interesante, polo que nos gustaría que máis xente poidera gozar destas sesións. Animádevos!!! O conto caótico O conto