Mangas novos na biblioteca... e moitas outras novidades
Este ano estamos tendo unha sección de novidades bastante movida, polo que vos animo a que vaides fixándovos nela. Ademais de novidades como O último día de Terranova , de Manuel Rivas, Fontán , de Marcos Calveiro, Cuentos crudos , de Alfredo Gómez , a novela gráfica La casa , de Paco Roca, poesía de Carlos Negro, un montón de títulos en inglés e tamén en francés e de libros de electrónica e mantemento..., temos tamén bastantes mangas novos. Entre os mangas temos as moi demandadas series Death Note e Another , así como varios números de Pandora Hearts e Blue exorcist . Nisto dos mangas temos un pouco de asesoramento de Paula Grangel (recoméndovos o seu canle de youtube: Sra. Lemon ) e hai peticións dun club de lectura de mangas... De momento, intentaremos un coloquio sobre o tema. Animádevos a ler algo do novo material!!! Seguro que atopades algo á vosa medida...