24 ene. 2016

Mangas novos na biblioteca... e moitas outras novidades

Este ano estamos tendo unha sección de novidades bastante movida, polo que vos animo a que vaides fixándovos nela. Ademais de novidades  como  O último día de Terranova, de Manuel Rivas, Fontán, de Marcos Calveiro, Cuentos crudos, de Alfredo Gómez, a novela gráfica La casa, de Paco Roca, poesía de Carlos Negro, un montón de títulos en inglés e tamén en francés e de libros de electrónica e mantemento..., temos tamén bastantes mangas novos. 

Entre os mangas temos as moi demandadas series Death Note e  Another, así como varios números de Pandora Hearts e Blue exorcist

Nisto dos mangas temos un pouco de asesoramento de Paula Grangel (recoméndovos o seu canle de youtube: Sra. Lemon) e hai peticións dun club de lectura de mangas... De momento, intentaremos un coloquio sobre o tema. 

Animádevos a ler algo do novo material!!!

Seguro que atopades algo á vosa medida...

No hay comentarios:

Publicar un comentario