Resultados da enquisa da biblioteca

Froito dun arduo e longo traballo, realizado por Luis Siso, temos os resultado da longa enquisa realizada a fins do curso pasado en torno á Biblioteca.  A primeira que fixemos.

Resumindo moito, cóntanos Siso o seguinte:  

A enquisa da biblioteca foi realizada polos grupos de 1º de ciclos e os grupos de ESO e Bacharelato. Consta de dous bloques, un con preguntas referentes a asistencia a mesma, e outro con preguntas relativas o seu uso en canto a satisfacción de varios aspectos. [Está o modelo na aula virtual da biblioteca, que é aberta para todo o mundo].

No apartado de Ciclos a tónica xeral foi que a unha das preguntas relativas a asistencia, a resposta xeral era de menos de unha vez ao mes; gran parte do alumnado incluso contestou que nunca, co cal a segunda parte da enquisa non tiña realmente validez, porque dunha cousa que non se usa dificilmente temos criterio para opinar; de todos os xeitos constestaron.

No relativo a os grupos da ESO e Bacharelato, si se cumpre o apartado de asistencia e si ten valor a segunda parte relativa ao seu uso. Analizando as respostas decidiuse formar dous grupos á hora de computar os resultados, porque comprobouse que algunhas respostas dos grupos de pequenos 1º, 2º e 3º da ESO en moitas das respostas non tiñan lóxica. Entón, os bloques foron de 1º a 3º da ESO e de 4º ESO a 2º Bac. Establecido este criterio, a enquisa de satisfaccion consta de tres niveis: 1-2 non satisfeito, 3 nin satisfeito nin insatisfeito e 4-5 satisfeito. Mirando o resultado dos distintos apartados, de forma xeral o de nin satisfeito nin insatisfeito con lixeira inclinación ao satisfeito. No informe das gráficas e resultado que acompañan a este informe pódese comprobar.

No último apartado tamén se lles pidiu que sinalaran as necesidades que eles estimaban como máis importantes, aquí piden mais o menos un pouco de todo. Destacaríamos varias suxestións  de compras de cómics, mangas, música, xogos de inxenio... que procuraremos satisfacer en breve...

E xa por ultimo un apartado para suxestións,  ainda que non foron moitos os que o puxeron,  rogaron SILENCIO na biblioteca.



Como diciamos, foi a nosa primeira enquisa e dela tomamos nota para realizar outras que teñan resultados máis significativos. Siso xa ten preparados os modelos para que se poida facer por internet directamente!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego