Viaxe cultural a ASTURIAS
Vimos de realizar, do 28 ao 30 de abril, a nosa xa case tradicional viaxe cultural do Club de lectura. Desta volta, a Asturias . Como estaba programado, vintecinco persoas dos tres grupos do Club de lectura, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, e tres profes, poidemos gozar da grata experiencia de tres intensos días por terras asturianas -Cudillero, Avilés, Oviedo, Senda do Oso e Xixón- e norte galego (Ribadeo, Illa Pancha e praia das Catedrais). Foron días intensos, cheos de emocións e vivencias únicas, cun comportamento e respecto exemplares, moitas risas e aprendizaxes teóricas e, sobre todo, vitais. Deixamos a continuación algunhas fotos, aínda que a parte gráfica elaborada e detallada, chegará co vídeo que se está a realizar.