Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CL3

Calendario previsto para o 3º trimestre

Imagen
Como estamos xa na 3ª avaliación (por máis que se nos faga algo estraño isto de comezar antes das vacacións de Semana Santa), propoñémosvos o seguinte calendario de actividades e reunións:  Imos véndonos!

CULTURA URBANA: una charla entretenida y muy motivadora

Imagen
El jueves de la semana pasada nuestro Club de Lectura tuvo una sesión especial, la charla de CULTURA URBANA que nos ofreció Jorge Puigdollers Dosil. 

Calendario de reunións do trimestre

Imagen
Empezamos o novo ano con novas enerxías e con novos plans.  Presentámosvos a continuación o calendario de reunións para os diferentes grupos do Club de lectura:  ----------------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------                                                                   ------------------------------------------------------- Nas reunións xa iremos concretando máis. Vémonos!                                                                               --------------------------------

Carlos Negro entre nós

Imagen
Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro , recitando poesía dos seus libros  Penúltimas tendencias e  Makinaria .  Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha. Por outra banda, este encontro foi o punto culminante  deste primeiro trimestre para  o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo no s mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar  sobre a forma de rachar  con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria. Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;) Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de...

Calendario de reunións do Club de lectura (1º trimestre)

Imagen
Como vedes, xa temos a proposta de calendario de reunións dos catro grupos do Club de lectura cos que empezamos a andaina lectora deste curso. 

O Club de Cultura Xitana dase a coñecer

Imagen
Velaquí o vídeo coa valoración realizada por Zoé Cameán, Alexander Matera e Nerea Muñoz, principais participantes do Club de lectura de Cultura Xitana deste curso.  O vídeo foi realizado (coa fundamental colaboración de Cristina de la Torre) para poder amosar na presentación que sobre o Club fixo Xulia Regueiro o pasado venres 1 xuño nas XI Xornadas do Club de lectura en Santiago

"El burro vendido al mismo dueño" e outros estereotipos de xitanos

Imagen
Nestas últimas sesións do CL3 (de cultura xitana), moi organizadamente dirixido coma sempre, pola profe Xulia Regueiro, seguimos a tratar sobre os estereotipos e prexuízos en torno aos xitanos/as.  Unha das actas que prepara Xulia R. Logo de facer unha posta en común, xogouse cun breve conto que houbo ordenar e logo ler. Trátase do conto " El burro vendido al mismo dueño ", extraído do libro " Cuentos populares de los gitanos españoles ", pola edición de Javier Asensio García . Témolo na biblioteca e tamén pode lerse en pdf a través de internet.  Está resultando moi interesante, polo que nos gustaría que máis xente poidera gozar destas sesións.  Animádevos!!! O conto caótico O conto