Froito dun arduo e longo traballo, realizado por Luis Siso, temos os resultado da longa enquisa realizada a fins do curso pasado en torno á Biblioteca. A primeira que fixemos. Resumindo moito, cóntanos Siso o seguinte: A enquisa da biblioteca foi realizada polos grupos de 1º de ciclos e os grupos de ESO e Bacharelato. Consta de dous bloques, un con preguntas referentes a asistencia a mesma, e outro con preguntas relativas o seu uso en canto a satisfacción de varios aspectos. [Está o modelo na aula virtual da biblioteca , que é aberta para todo o mundo]. No apartado de Ciclos a tónica xeral foi que a unha das preguntas relativas a asistencia, a resposta xeral era de menos de unha vez ao mes; gran parte do alumnado incluso contestou que nunca, co cal a segunda parte da enquisa non tiña realmente validez, porque dunha cousa que non se usa dificilmente temos criterio para opinar; de todos os xeitos constestaron. No relativo a os grupos da ESO e Bacharelato...