Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Benny

Women in art, with Benny

Imagen
O mércores 22 de marzo tivemos de novo a oportunidade dunha English session co lector Benny. Falounos de varias pintoras contemporáneas, encandrado así o seu discurso na temática deste ano no Club de lectura.  Guerrilla Girls Sorprendeunos contándonos de pintoras feministas, reivindicadoras de diferentes e transgresores modos do papel das mulleres na arte. En concreto, detívose nas Guerrilla Girls , Barbara Kruger e Judy  Chicago . Tedes a súa presentación no curso de biblioteca da Aula virtual.  Resultou moi interesante todo o que dixo, así como tamén as intervencións das e dos participantes.  De novo, quedáronnos ganas de máis...  

In honnour of Roald Dahl

Imagen
Como fin de trimestre, onte mércores tivemos a nosa primeira (e esperemos que non última) sesión do club de lectura en inglés. Por suposto, grazas ao lector do centro, Benny.  Non cabiamos no cuarto do club de lectura, todo o mundo coa atención concentrada, para non perderse...  A reunión dedicouse a Fantastic Mr. Fox . Quen queira continuar, aconsellamos ver a película, mellor en versión orixinal (con subtítulos, se é preciso). Fican aquí unhas magníficas fotos (realizadas por Francisca):    Esperamos ter máis English sessions !