Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Guitiriz

Lugrisiáns no Vilariño do poeta Díaz Castro

Imagen
O pasado xoves 7 de abril fomos cun variado grupo de rapaces e rapazas, desde 1º ESO ata 2º Bacharelato  tras as pegadas  do poeta Díaz Castro, da man dos magníficos guías do  IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Neste instituto, con quen tamén fixemos intercambio hai dous cursos, levan tempo traballando de xeito moi activo en torno ao poeta que dá nome ao seu centro e que foi o conmemorado no  día das letras galegas no 2014 . A vez anterior estivemos no centro o día da celebración do centenario do nacemento de  Xosé María Díaz Castro  (1914-1989).  Nesta ocasión o alumnado (e profes acompañantes) percorreu o lugar  natal do poeta, na aldea do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz). Divididos en catro grupos aprenderon xogando cos rapaces que fixeron de guías.  Foi unha xornada festiva e interesante. Unha lúdica e instrutiva inmersión rural: O luns 20 de xuño recibimos aos de Guitiriz en Coruña e presentar...

A voltas con Díaz Castro, Guitiriz... e tamén Lugrís

Imagen
O pasado martes 20 de maio foi un día moi especial no noso centro. Sobre todo, porque tivemos que exercer como anfitrións dun numeroso grupo de guitiricenses do IES Poeta Díaz Castro. Estiveron por aquí un pouco máis de dúas horas, devolvéndonos a visita que nós realizamos en febreiro.  Invitámolos a tomar un pouco de biscoito na nosa biblioteca, e logo intentamos que viviran  unha especie de "matinal artística", combinando un pouco de música e poesía no salón de actos. Para a parte musical, rapaces preparados por Pedro -o profe de música- interpretaron varias obras:  Entre dos aguas, de Paco de Lucía,   e unha rumba en grupo; e logo tamén nos deleitaron Diego Abanqueiro e Iván Romero, ao teclado en solitario... Outros poucos recitaron poemas variados: Yolanda e Jordalina recitaron "Besos", de Gabriela Mistral, no que están xa especializadas, e despois  Xulio, Luis, Tamara, Samuel e Sara exerceron de rapsodas con poemas do celebrado Díaz Castro. O acto f...

En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro

Imagen
O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro , os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario. Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo , houbo preguntas, poemas , representacións e música... e nós participamos ... e ata cantamos. Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura. E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de  Rosalía , con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.