23 may. 2014

A voltas con Díaz Castro, Guitiriz... e tamén Lugrís

O pasado martes 20 de maio foi un día moi especial no noso centro. Sobre todo, porque tivemos que exercer como anfitrións dun numeroso grupo de guitiricenses do IES Poeta Díaz Castro. Estiveron por aquí un pouco máis de dúas horas, devolvéndonos a visita que nós realizamos en febreiro. 
Invitámolos a tomar un pouco de biscoito na nosa biblioteca, e logo intentamos que viviran  unha especie de "matinal artística", combinando un pouco de música e poesía no salón de actos. Para a parte musical, rapaces preparados por Pedro -o profe de música- interpretaron varias obras: Entre dos aguas, de Paco de Lucía, e unha rumba en grupo; e logo tamén nos deleitaron Diego Abanqueiro e Iván Romero, ao teclado en solitario... Outros poucos recitaron poemas variados: Yolanda e Jordalina recitaron "Besos", de Gabriela Mistral, no que están xa especializadas, e despois  Xulio, Luis, Tamara, Samuel e Sara exerceron de rapsodas con poemas do celebrado Díaz Castro. O acto foi presentado e dirixido por Nela e Fatou. 

A continuación, dedicámonos á figura do noso pintor Urbano Lugrís, xogando na biblioteca a sopas de letras e busca de imaxes (elaboradas pola profe Marga Azevedo), e logo, por todo o IES, a un gran xogo de pistas, todo relacionado coas pinturas de Lugrís.


Pola tarde, co grupo do Club de lectura, fomos ata o Ágora, para ver a presentación da curtametraxe "Os camiños esquencidos", realizado pola comunidade escolar do IES de Guitiriz, inspirada na vida de Xosé Mª Díaz Castro.


Un día completo e ben aproveitado!
Procuraremos repetir esta experiencia de intercambio. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario