Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como inicio curso

Inicio do curso 25-26

Imagen
  Empezamos coas actividades de lectura neste novo curso 25-26.  Coma sempre con moitas ideas e propostas... logo iremos facendo segundo podamos.  En breve, comezarán a realizarse sesións do club de lectura que neste curso coordina a profesora Noelia Cives. Tamén solicitamos un proxecto de innovación, o LeoLab, e Biblioteca creativa. Veremos o que nos conceden... Están xa todos os carnés de alumnado e profesorado realizados, polo que  vos invitamos a visitar a biblioteca para tomar prestado libros das novidades ou dos do fondo. O equipo da biblioteca, coordinado pola profesora Isabel Dobaño, está aberto a suxestións para ampliar e actualizar o noso catálogo.  Este luns 13 de outubro comezamos celebrando o Día das escritoras no recreo. Poñeremos voz (e imaxes) a moitas escritoras, a miúdo pouco recoñecidas. 

Comezamos con moitos libros novos

Imagen
Este curso comezamos cunha biblioteca chea de libros novos (e algunha película tamén...) que estamos catalogando e cun equipo de profesorado renovado.  Xa imaxinamos que tedes un montón de novos libros de texto, seguramente moi interesantes. Mais... aquí temos moita variedade temática e de formato que vos poden tentar. Agardamos que haxa algún libro ou película que te seduza moito. Vén comprobalo!

Con ganas de novas aventuras lectoras!!

Imagen
Así propoñémonos comezar o curso... con moito ánimo para ler e para buscar novas formas de ler...  Iremos poñendo as ideas sobre a mesa en canto empecemos. Tan axiña como o curso estea medio encamiñado, faremos a primeira reunión do Club aberta a quen lle interese ou teña curiosidade. A ver con cantos efectivos contamos... Logo xa intentaremos achegarnos á xente nova. Para re-convencernos do que xa sabemos, déixovos aquí 10 motivos para ler todos os días ... a ver se imos desentumecendo as neuronas. Engadimos á nosa listaxe de blogs a de ler en mancomún , a partir da cal tedes acceso a todos os blogs dos Clubs de lectura dos centros de ensino públicos galegos (a listaxe está á dereita do blog). Aí tedes unha ventá a todo o que se está a facer en Galicia, que é moito.

Retomamos a nosa andaina...

Imagen
Benvidos, benvidas e moitos ánimos para este novo curso. De novo, continuamos a nosa andaina... Temos xa dispostos os carnés para o novo alumnado de  1º ESO e axiña farémoslles unha presentación da biblioteca e entregarémosllelos  Pouco despois realizaremos a nosa primeira reunión do club de lectura para este curso (ide cavilando... todo será escoitado). Na biblioteca engrosamos a parte das películas cunhas cantas novas, bastante relacionadas coa filosofía e a historia, aínda que tamén hai algunhas outras de simple lecer. Adquirimos: 300, Ágora, Alejandro Magno, Troya, Matrix, Diamante de sangre, Te doy mis ojos, El discurso del rey. Tamén dispoñemos de novos exemplares das revistas National Geographic e Historia (doados polo profesor Vicente).  E Para que a espera pola reunión do club non se faga longa aos bos e boas lectores, déixovos aquí un pequeno gran texto  de Julio Cortázar sobre como subir unha escaleira: tamén do máis obvio sae boa literatura...

Botamos a navegar

Imagen
Se che gusta ler e apetéceche compartir experiencias lectoras, ven a informarte á primeira reunión que terá lugar na biblioteca: - para 1º, 2º e 3º ESO o próximo mércores 17 de outubro, no recreo. - para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos, o próximo martes 23 de outubro, no recreo. ¡¡ Atoparemos a forma de pasalo ben, con libros de fondo!!