Con ganas de novas aventuras lectoras!!

Tan axiña como o curso estea medio encamiñado, faremos a primeira reunión do Club aberta a quen lle interese ou teña curiosidade. A ver con cantos efectivos contamos... Logo xa intentaremos achegarnos á xente nova.
Para re-convencernos do que xa sabemos, déixovos aquí 10 motivos para ler todos os días... a ver se imos desentumecendo as neuronas.
Engadimos á nosa listaxe de blogs a de ler en mancomún, a partir da cal tedes acceso a todos os blogs dos Clubs de lectura dos centros de ensino públicos galegos (a listaxe está á dereita do blog). Aí tedes unha ventá a todo o que se está a facer en Galicia, que é moito.
Comentarios
Publicar un comentario