29 sept. 2014

Primeira reunión do Club

Bueno, primeira reunión deste curso...,  que terá lugar o próximo mércores 1 de outubro. Nela, en primeiro lugar falaremos de que a profesora Francisca vai ser unha nova colaboradora, esperamos que de forma continua. Logo trataremos de aspectos organizativos (división en dous grupos do club -1º e 2º ESO e CFB por unha parte, e de 3º ESO en adiante pola outra-, calendario de reunións...). Finalmente,  centrarémonos nos nosos plans de lectura. 
A proposta para iniciar o curso é Jules Verne, cando menos para o grupo 1. Imos ver que coñecedes, que vos atrae e decidir que imos ler en concreto. 
Para abrir apetito, leremos (en máis de unha sesión) o conto de O motín da Bounty.




Monumento a Verne en Vigo




No hay comentarios:

Publicar un comentario