Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Yolanda Castaño

"Galicia móvese" poeticamente

Imagen
Na exposición de libros emprestados pola Biblioteca de Os Rosales , tivemos uns poucos que levaban a etiqueta " Galicia móvese " facendo referencia a un dos  blog desta biblioteca que leva ese título e que é moi interesante. Recoméndovos que vexades, por exemplo, o vídeo da poeta Yolanda Castaño , " A segunda lingua ", que tamén é o título do seu novo poemario. Ou tamén o booktrailer sobre o libro Raíz da fenda , da poeta intimista compostelá Berta Dávila . E moitos outros, que deixo que descubra a vosa propia curiosidade.

Con Yolanda Castaño, con poesía

Imagen
O pasado mércores 17 de abril tivemos o luxo de compartir unha hora de poesía con Yolanda Castaño . Reflexionou sobre o tema, recitounos poemas seus e espoleounos "un pouco moito" a inserirnos nesta forma literaria que a cotío nos bota para atrás, tanto para escribir como para ler.  Deíxovos aquí un dos poemas (do seu libro Delicia , de 1988) que nos recitou e co que botamos a voar a imaxinación:    Se falase de ti non pronunciaría     as sílabas supremas   pero bicas ben e gústame estar contigo.   O meu verde co teu azul.   Delirio de ramas.   O meu verde co teu azul.   Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes   pero gústame cómo abrazas e o teu pelo fai xogo co meu vestido.   Os teus dedos patinan nas miñas medias.   O meu verde co teu azul. E como con poesía estamos, aquí fica tamén o simpático poema que Cristian Almonte Vicente (de 1º ESO A) realizou como tarefa de clase coa profesora Celiz. Titúlase: "H...