Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como preguntas

Preguntas para pensar: a vida boa e as mulleres

Imagen
As anteriores sesións do Club de lectura (22 e 23 de febreiro) dedicámolas a pensar en torno a " En que consiste a vida boa? " e centrámonos especialmente nas figuras de Epicuro e de Marco Aurelio . A partir de citas de ambos, comentamos e fixémonos preguntas. A cada paso, agroman con máis fluidez.  Fixemos referencia aos libros de Maite Larrauri , " La amistad, según Epicuro ", El ejercicio, según Marco Aurelio ", ambos da colección de "Filosofía para profanos", moi amena e interesante.  A última sesión deste trimestre dedicámola a unha pensadora, neste caso Concepción Arenal , debido á cercanía co Día das mulleres . Recollimos citas de " La mujer del porvenir " e outras obras. En breve, diremos os resultados do Concurso de pistas-letras do Día das mulleres. 

Por que a crueldade?

Imagen
Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia  que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres)  preguntámonos  pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de W onder Ponder . Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;) Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana , de Michael Jackson , co que propoñíamos rematar. Aquí queda:  A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando p...

Preguntas para pensar, no segundo trimestre

Imagen
Comezamos o novo ano e, con el, o segundo trimestre con bo ánimo.  Agora imos facer noso por completo o lema das Bibliotecas escolares deste curso, Un lugar para pensar, e imos facelo a través de preguntas, quizais o signo máis distintivo da filosofía e do pensamento.  A modo de aperitivo, adiantamos que haberá cuestións como o por que da crueldade, que significa ser persoa, que implicacións ten a liberdade, existe unha única verdade... Moitas delas inspiradas na filosofía visual de wonderponder , na colección de Los pequeños platones e outra fontes que vos iremos indicando. Deixámosvos aquí o calendario de reunións proposto.  ----------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------------------------------- Atréveste ti tamén a preguntar? ;)