Por que a crueldade?

Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres) preguntámonos pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de Wonder Ponder. Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;)
Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana, de Michael Jackson, co que propoñíamos rematar. Aquí queda: 



A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando por cavilar en torno da inmensa capacidade do noso pouco coñecido cerebro, a potencialidade das preguntas para avanzar no coñecemento e a ver cales son os interrogantes que nos perseguen. Isto último plasmámolo graficamente recheando a silueta dun cerebro con todas as cuestións que se nos ocorresen. Incrible, cantas saíron!

Nas reunións falamos tamén da próxima excursión, o xoves 15 de febreiro, ao IES Politécnico de Vigo, do proxecto de ir ler a un Centro de día para persoas maiores, e lembramos o inminente comezo do torneo de xadrez este luns 5 de febreiro. 


Continuamos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego