Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 8 de marzo

Concurso polo Día das mulleres

Imagen
Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas.  As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro .  As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis.  Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos. BASES: - As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca:   lerunmardecontos@gmail.com - No correo deberá constar:                 - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.                 - A resposta solicitada. - O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite. PREMIOS:     - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/...

Imaxes de muller

Imagen
Con algo de retraso, como ultimamente nos acontece, tratamos hoxe un pouco sobre o día da muller que se acaba de celebrar o venres 8 de marzo.  Non sei se sabedes que o 8M   se  celebra para lembrar as "eternas" malas condicións do traballo das mulleres (tanto o remunerado como o que non o é). Na actualidade falamos máis ben do día da muller, a secas. Non é só cuestión de traballo (que tamén, e moi importante), senón en xeral da situación das mulleres en case todos o planos. Moito habería que falar sobre este día, ou mellor dito, de por que existe semellante conmemoración nunha sociedade, a nosa, que presume de igualitaria. Mais, como a pouco que reflexionemos [e Forges soe axudar], todas e todos sabemos, que a equidade entre as persoas por razón do seu sexo ou  xénero, aínda que avanzou moito [recoméndovos un artigo no que se fala de cando " ler era cousa de homes "], está moi lonxe de ser conseguida. A loita pola igualdade segue  a ser revo...