20 dic. 2014

Felices festas

Desde a Biblioteca, desexámosvos unhas moi boas festas e vacacións, a poder ser arroupados de moi boas lecturas, música, películas, charlas...

Estes pasados días xa fomos ambientándonos co mercadiño de produtos de comercio xusto (da ONG Solidaridade Internacional), cos bonecos de neve/lá, realizados polo alumnado de 1º Bac xunto coa profe Marta López e que estiveron adornando estes días a Biblioteca, e en xeral coa alegría e bo ton que foron segundo pasaban os días. 
... e moi feliz 2015!!!








14 dic. 2014

Conto contos: O tren saltamontes

Toda unha experiencia. O de contar contos aos cativos e cativas sempre resulta moi enriquecedor. Os nosos pequenos veciños do CEIP Cornide portáronse de marabilla mentres escoitaban o conto narrado e representado por un grupo do noso Club de lectura. Fixérono case como profesionais e pasamos un anaco estupendo mentres coñeciamos o Cole, preparabamonos no camerino e logo actuando ante os rapaces. 
O conto que narraron foi, como dixemos, o de El tren saltamontes, de Alfredo Gómez Cerdá. No cole traballan por proxectos e este trimestre dedícano aos transportes terrestres, polo que encaixamos perfectamente nos seus plans.
Tratáronnos tan ben que quedamos con moitas ganas de volver...


















11 dic. 2014

Viaje al centro de la tierra



O martes  9 de decembro concluímos a nosa temporada con Jules Verne, vendo a película "Viaje al centro de la tierra", na versión do 2008, chea de efectos especiais. Quedamos con ganas de vela en 3D.
Aproveitamos, ademais para ensaiar o conto de El tren saltamontes, de Alfredo Gómez Cerdá, que imos ler aos pequerrechos do CEIP José Cornide Saavedra, veciños nosos o próximo venres 12





9 dic. 2014

E aquí están os microrrelatos...


Ao fin expoñemos os microrrelatos, os premiados xunto cos que non o foron. Están postos á entrada do instituto, nun gran panel elaborado pola profe Carmen Delgado;  aquí mesmiño, e tamén no curso da Biblioteca da Aula Virtual do IES (aberta a todo o mundo).

...para seguir animándonos a escribir!!


Os microrrelatos do nivel 1

Os microrrelatos do nivel 2





1 dic. 2014

Os microrrelatos premiados son:

Esta foi, sen dúbida, a edición máis exitosa das que levamos. Con arredor de 50 microrrelatos presentados non foi doado determinar cales serían os premiados. Despois de ler e reler, pensando niso decidimos en primeiro lugar, publicalos todos, o que faremos aquí en breve e tamén os imprimiremos para telos na biblioteca. En segundo lugar, destacamos aos seguintes: 

Nivel 1:
       - Mellor microrrelato en inglés, "Reveange", 
                        de Carlos Vélez (3º ESO)
       - 1º premio: "Mi castigo", Rubén Ponte (3º ESO)
       - 2º premio: "Ojos azules", Tamara Santiago (3º ESO)
                                                 - 3º premio: "Cita equivocada", Luana Belizario (FPB Arranxos)


Nivel 2:  - 1º premio: "Morí quemado" , Marta Sandino (4º ESO)
                - 2º premio:  Micrrorrelato de  Iván Vágner (1º Bacharelato)


En todo caso, terroríficas grazas a todos e todas, pola vosa participación.